CentinELAS con Ekta Parishad

CentinELAS con Ekta Parishad

A pasada semana tivemos a oportunidade de contar na nosa Asociación con Aneesk Thillenkery, coordinador nacional do movemento Ekta Parishad orixinado na India, que ten como filosofía a resistencia social non violenta para a defensa dos dereitos das persoas campesiñas indias.

Na xuntanza, explicounos en que vai consistir a marcha mundial Jai Jagat (que significa Victoria de todo o mundo) prevista para o ano 2020. Unha marcha mundial para camiñar cara unha economía solidaria, unha sociedade e un mundo baseado na ética e na xustiza. Tamén nos informou sobre de que maneira as pequenas entidades podemos facer a nosa achega ao movemento.

Dende CentinELAS queremos agradecer a súa presenza e sumarnos a este movemento mundial pola non violencia.

Máis info:  https://www.jaijagat2020.org

 

Marcha mundial Jai Jagat 2012

Related Posts

Centinelas no Concierto: “Compostela solidaria”

Centinelas no Concierto: “Compostela solidaria”

Compostela Solidaria organiza un ano máis un concerto solidario. Unha forma de xuntar a música coa vontade dos composteláns de loitar contra a desigualdade. Sabemos que isto non resolve as situacións de exclusión social, que só un traballo moi profesional dos servicios sociais, a responsabilidade […]

Espazo libre de violencia machistas

Espazo libre de violencia machistas

Hoxe, mañá, onte…cada día é o día da muller e o día contra a violencia de xénero na nosa asociación. A razón do noso traballo é a dignidade da muller e a loita contra calquera forma de violencia ou discriminación. E a primera ferramenta é […]