Centinelas no Concierto: «Compostela solidaria»

Centinelas no Concierto: «Compostela solidaria»

Compostela Solidaria organiza un ano máis un concerto solidario. Unha forma de xuntar a música coa vontade dos composteláns de loitar contra a desigualdade. Sabemos que isto non resolve as situacións de exclusión social, que só un traballo moi profesional dos servicios sociais, a responsabilidade das institucións políticas, e a cooperación da sociedade civil ben organizada, poden acabar coa lacra da pobreza. Pero este concerto quere ser un recordatorio para todos nós de que non se pode baixar a garda e que somos moitos os que soñamos cunha Compostela máis xusta.
Este ano a recadación será para a nosa Asociación. Sentímonos moi agradecidas porque pensar en Centinelas é pensar en moitas mulleres e nais que pelexan cada día por regalarlle aos seus fillos e fillas un futuro máis doado.
Seguro que o próximo dia 15 será unha xornada para o encontro e a solidariedade.
¿vémonos?


Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

Iniciativa solidaria a favor da nosa asociación dos estudante da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Iniciativa solidaria a favor da nosa asociación dos estudante da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Onte, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, celebrouse un acto co gallo da festividade do seu patrón, san Vicente Ferrer e no marco do 50 aniversario da creación deste centro educativo. Ademáis de entregar os premios aos alumnos máis sobresaíntes entregáronse tamén […]