Colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

Colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela
CentinELAS foi unha das entidades seleccionadas para que o alumnado da facultade de óptica e Optometría realizase un proxecto de Aprendizaxe e Servizo que ten como beneficiarios aos nenos e nenas da nosa Asociación. O proxecto consiste na realización dunha avaliación visual completa, moi necesaria a estas idades, e á que a maioría das nosas familias non poden acceder, ben por falta de recursos ou por descoñecemento.
É por isto que queremos transmitirlle o noso máis sincero agradecemento a todo o alumnado participante, que realizou unha labor excepcional, así como ao persoal docente responsable desta actvidade.
Agardamos que esta sexa a primeria de moitas outras colaboracións!

Related Posts

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

A formación de preparación para as probas da Nacionalidade española e integración social (Financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo) chega ao seu fin. As alumnas remataron esta marabillosa experiencia de aprendizaxe e acompañamento. Estamos moi satisfeitas cos logros alcanzados e sobre […]

Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Varias usuarias que están a participar nos itinerarios personalizados de inclusión social, subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo, realizaron prácticas formativas non laborais coa finalidade de acadar competencias profesionais nunha contorna real de traballo, e aumentar así as súas posibilidades […]