.
Queremos agradecerlle á Universidade de Santiago de Compostela a súa implicación e sensibilidade no desenvolvemento do proxecto Nais con ilusión que hoxe se clausurou, en especial ao reitorado e ao Servizo de Participación e Integración Universitaria. Que unha institución tan senlleira como a Universidade de Santiago nos brinde a súa colaboración énchenos de orgullo e satisfacción.
E por suposto, queremos brindar tamén o noso agradecemento, a todas as madriñas e padriños que amosaron a súa solidariedade, obsequiando ás nosas nais. Que raro e, ao mesmo tempo, que ben sona iso de amadriñar a unha nai.
Sabemos que as cousas materiais non son as que mais valor teñen, pero cando vives a exclusión nas túas propias carnes, que alguén se pare a facerche un agasallo ten un valor incalculable. A iniciativa deste proxecto xorde precisamente por esta necesidade, por facer que por un momento as nosas mulleres, a maioría nais que contan con escasos recursos económicos e redes de apoio, se paren a pensar nelas mesmas, nas súas propias necesidades, e naquelas cousas que as farían felices aínda que sexan pequenas.
You must be logged in to post a comment.