COMPETENCIAS PARA A IGUALDADE 2018

COMPETENCIAS PARA A IGUALDADE 2018

Competencias para a igualdade 2018O proxecto Competencias para a igualdade 2018 divídese en dous bloques de intervención complementarios entre si, que teñen como obxectivo principal potenciar o empoderamento das nosas usuarias e restaurar a súa dignidade e autoconcepto.

  • Atencións individualizadas en prol da igualdade de xénero.
    As atencións individualizadas que se van levar a cabo con cada unha das participantes desenvolveranse nun clima que fomente a confianza e o diálogo a fin de xerar un ambiente proclive para abordar as inquedanzas e necesidades que presenten.
    Os ámbitos de intervención a traballar con cada unha das mulleres abordaranse en maior ou menor profundidade en función das características e necesidades que presenten, se ben contemplamos eixes comúns de intervención por tratarse de cuestións inherentes á procura da igualdade de xénero e que abranguen a case tódalas usuarias.
  • Actividade de terapia grupal “Competencias para a igualdade”
    Moitas das usuarias coas que traballamos presentan problemáticas que son comúns a todas elas, por iso incluímos un segundo bloque que contempla a execución de obradoiros grupais, como é actividade de terapia grupal “ Ata aquí! e o Obradoiro “Mans á obra”.