Competencias para a igualdade

Competencias para a igualdade

O proxecto COMPETENCIAS PARA A IGUALDADE divídese en dous bloques de intervención complementarios entre si, que teñen como obxectivo principal potenciar o empoderamento das nosas usuarias e restaurar a súa dignidade e autoconcepto.

  • Bloque I: Atencións individualizadas en prol da igualdade de xénero.

As atencións individualizadas que se van levar a cabo con cada unha das usuarias desenvolveranse nun clima que fomente a confianza e o diálogo a fin de xerar un ambiente proclive para abordar as inquedanzas e necesidades que presentan as nosas usuarias. Estas entrevistas terán distintas finalidades en función da fase na que se leven a cabo (entrevistas de acollida e de valoración individual, entrevistas de orientación e asesoramento cara a igualdade de xénero, e entrevistas de avaliación do proceso e de peche de programa).

Os ámbitos de intervención a traballar con cada unha das mulleres abordaranse en maior ou menor profundidade en función das características e necesidades que presente cada usuaria, se ben contemplamos os seguintes eixes de intervención por tratarse de cuestións inherentes á procura da igualdade de xénero e que abranguen a case tódalas usuarias :

– Autoconcepto e autoestima

– Ferramentas de autonomía e busca da propia identidade dentro da parella

– Pautas e ferramentas para a protección ante as desigualdades de xénero culturais e sociais.

– Ferramentas, apoio e acompañamento ante as situacións de supremacía e violencia machista no seno familiar

  • Bloque II: Actividade de terapia grupal “Competencias para a igualdade”

Moitas das usuarias coas que traballamos presentan problemáticas que son comúns a todas elas, por iso incluímos un segundo bloque que contempla a execución dunha actividade de carácter grupal axustada ás súas necesidades e nas que se promovan sinerxías de participación que enriquezan a calidade das intervencións.


Related Posts

Proxecto 100% Muller II

Proxecto 100% Muller II

Dende a Asociación CentineELAS estamos a desenvolver o programa “100% MULLER II”, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O programa, que estará activo ata o mes de setembro, diríxese a mulleres en situación de especial vulnerabilidade con crianzas de […]

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeunos un novo Programa de Cooperación, que fai posible que contemos cunha persoa encargada de xestionar o Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS. A xestión do Banco ten como finalidade cubrir as necesidades máis […]