Curso de formación de preparación das probas da nacionalidade española e integración social 2020

Curso de formación de preparación das probas da nacionalidade española e integración social 2020

Proximamente desenvolveremos dende Centinelas unha nova edición da formación de preparación das probas da nacionalidade española e integración social, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo. Desta volta ofertamos unha formación de 124 horas teórico-prácticas para preparar a CCSE, que comezará o 20 de outubro e rematará o 30 de novembro.