Curso de Formación preparatoria Competencias Clave de Nivel 3

Curso de Formación preparatoria Competencias Clave de Nivel 3

O luns 5 de febreiro dará comezo a execución do curso FORMACIÓN PREPARATORIA COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 3, subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Esta formación ten como finalidade capacitar ás alumnas participantes a través da formación nas competencias clave de nivel 3, para superar as probas convocadas pola Administración, poder acceder a novas vías de formación, e ampliar as súas expectativas de emprego.

O curso está dirixido de maneira específica ao colectivo de mulleres inmigrantes que se atopan en situación ou risco de exclusión social. As mulleres participantes terán á súa disposición un servizo de conciliación familiar que facilite a súa asistencia á formación.

Así mesmo, as participantes na acción formativa percibirán unha axuda de desprazamento por cada día de asistencia.


Related Posts

Curso de formación preparatoria para as probas da Nacionalidade española

Curso de formación preparatoria para as probas da Nacionalidade española

O próximo 3 de outubro temos previsto iniciar o curso  FORMACIÓN PREPARATORIA PROBAS DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA (Pobas Dele-A2  e CCSE) solicitado con cargo á Orde do 12 de maio de 2017 de Inclusión Social de Galicia, e dirixido a mulleres inmigrantes.. Durante este mes de setembro […]

Curso de empregada de fogar e nova bolsa de emprego da Asociación

Curso de empregada de fogar e nova bolsa de emprego da Asociación

Xa levamos case tres meses dende o comenzo do Curso de empregada de fogar. Neste curso temos o pracer de contar con distintos profesionais que colaboran coa Asociación CentinELAS encargándose de impartir os contidos teóricos na aula. Pero ademais da formación teórica, as participantes darán […]