Dale al play de la ilusión

Dale al play de la ilusión

Baixo o lema “Dale al play de la ilusión” presentámonos ao concurso Aesclick coa finalidade de conseguir playmobiles para as nenas e nenos que durante este ano participaron no Servizo de atención psicopedagóxica da Asociación. Para a nosa alegría, Aesclick acaba de comunicarnos que nos doarán os playmobiles solicitados, e queremos compartilo convosco.
Porque como rezaba o noso proxecto, un playmobil é moito máis que un xoguete, é unha porta aberta á imaxinación, e a posibilidade de recrear numerosas historias que se forxan peza a peza.


Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

Programa Máis social Galicia

Programa Máis social Galicia

Centinelas foi unha das entidades seleccionadas para participar no programa Máis social Galicia que a Fundación Barrié convoca para este ano. Supón unha gran oportunidade de aprendizaxe para nós, así que esperamos traballar moito e aproveitala ao máximo.