Educación e ocio en familia

Educación e ocio en familia

«Unha familia que xoga é unha familia feliz«

Dende Centinelas sabemos que a pandemia foi  moi dura para as familias en moitos aspectos e queremos dar resposta a un tema en particular que, se ben non se valora tanto, entendemos que é fundamental.

Por iso lanzamos «LudoArte Online», unha proposta de contacontos con obradoiros para fomentar a lectura, medrar en valores e xogar en familia!

Esta nova iniciativa naceu grazas á colaboración de Área Central, onde nos últimos anos viñemos organizando a Ludoteca Artística. Trátase dunha actividade que, varias sábados ao mes, reunía a grandes e cativos da familia para fomentar a educación en valores e o ocio saudable.

Agora que reunirnos é máis difícil, LudoArte Online permítenos pasar un anaco divertido a través da rede. Podedes ver aquí todos os vídeos emitidos ata o de agora e seguir as novas entregas cada dous venres no Facebook de Área Central e na súa canle de YouTube.

Non esquezades darlle a like e compartilos nas vosas redes!

Ludoarte online capítulo 1: https://youtu.be/fSeU7k3UCAg

Ludoarte online capítulo 2: https://youtu.be/wwxRyR07RGU

Ludoarte online capítulo 3: https://youtu.be/luNGN5mpxJA

Ludoarte online capítulo 4: https://youtu.be/5SDuXeH1-to

Ludoarte online capítulo 5: https://youtu.be/DaNbN7JedAk