Inicio do Servizo de Apoio á Inclusión Sociolaboral (Apoio e Transición ao emprego)

Inicio do Servizo de Apoio á Inclusión Sociolaboral (Apoio e Transición ao emprego)

Dende o 1 de xullo estamos a traballar nunha nova etapa dos Itinerarios de Inclusión Sociolaboral, que forman parte do proxecto de Inclusión Social e son cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

A través destes itinerarios trabállase coas participantes no seu desenvolvemento persoal e laboral, por medio da diagnose, o deseño dun itinerario personalizado, o seguemento do proxecto e o desenvolvemento das capacidades persoais, laborais e sociais, entre outras accións.

Paralelamente realizaranse convocatorias grupais para afondar en contidos de interese para as participantes nos itinerarios. Ademais, este proxecto é complementario a outros servizos de Inclusión Social impulsados dende a Asociación, como o Servizo de Conciliación, do que poden facer uso as mulleres que o precisen e mentres estean inmersas no seu itinerario.