Inicio do Servizo de apoio á Inclusión Sociolaboral (Sección de inclusión e trancisión ao emprego)

Inicio do Servizo de apoio á Inclusión Sociolaboral (Sección de inclusión e trancisión ao emprego)

O 1 de xullo de 2018 comezamos o Servizo de apoio á Inclusión Sociolaboral (Sección de inclusión e trancisión ao emprego)

O Servizo de apoio á inclusión sociolaboral desenvolverase de forma individual con cada unha das participantes que formen parte desta actuación, e levaranse a cabo a través de entrevistas semiestruturadas, actividades grupais, e derivacións.

Levaremos a cabo distintas accións, entre as que se atopan: diagnose, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral,  acompañamento social, accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.

En canto ás características que presentará o  servizo destacamos as seguintes:

  • Flexibilidade: capacidade de adaptación ás circunstancias da contorna e necesidades das usuarias participantes.
  • Acompañamento profesional.
  • Empoderamento: a persoa debe ser motor do seu propio cambio e facerse responsable das decisións asume e as responsabilidades que asume.
  • Individualidade e humanización: cada persoa necesita un itinerario diferente, aínda que existan pautas comúns.
  • Temporalidade: debe tender a desaparecer e xerar autonomía.