Inicio do Servizo de Conciliación familiar

Inicio do Servizo de Conciliación familiar

O servizo de Conciliación familiar concíbese como unha acción complementaria ás restantes actuacións levadas a cabo dende o proxecto de Inclusión Social 2018-2020 que desenvolve a Asociación Centinelas coa financiación da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

A súa finalidade é garantir que as usuarias participantes poidan ser beneficiarias dun servizo de apoio á inclusión sociolaboral e asistir ás accións formativas e sen ningún condicionante.

O servizo de conciliación adoita ir  máis alá do mero coidado das nenas e nenos para converterse nun medio eficaz de detección de necesidades evolutivas, sociais, e educativas nos menores; mellorar hábitos e rutinas relacionadas coa hixiene, a alimentación, a autoestima e normas e límites; aprender valores universais  a  través das lecturas, a música e os xogos; así como incidir en que as nais tomen conciencia da importancia de prestarlle atención a estes aspectos para lograr un bo desenvolvemento dos menores.

As persoas responsables do servizo de conciliación, ademais das tarefas propias de atención e coidado das nenas e nenos menores, desenvolverán actividades lúdico-formativas e prestaran atención ás particularidades dos cativos na esfera persoal, emocional, social e educativa. As temáticas a traballar estarán adaptadas ás súas idades,  sempre relacionadas coa adquisición de valores universalmente recoñecidos: tolerancia, respecto, igualdade, corresponsabilidade, solidariedade, etc.