«Nais con Ilusión» en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

«Nais con Ilusión» en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela está colaborando coa Asociación CentinElas no proxecto «Nais con ilusión», no que persoal laboral e docente da Universidade apadriña ou amadriña a unha das nosas nais, procurando que este Nadal elas tamén reciban un agasallo.

Trátase de que as mulleres vinculadas aos distintos proxectos da Asociación recuperen a ilusión e sintan que son merecedoras de recibir un presente; que por un momento os seus pensamentos se centren nelas mesmas, nas suas propias necesidades e naquelas cousas que lles farían felices, ainda que sexan pequenas.

A campaña de Nadal que se realizou a pasada convocatoria con esta mesma finalidad resultou todo un éxito e culminou, coma este ano, cun acto simbólico de entrega dos agasallos ás mulleres asistentes.

Dende aquí dámoslles as grazas á Universidade de Santiago de Compostela por apoiar esta campaña un ano máis e facer posible que por un día lles regalemos ás nosas mulleres a ilusión e o protagonismo que merecen e, por suposto, mostrar o noso agradecemento aos 98 padriños e madriñas que participan nesta iniciativa.


Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

Programa Máis social Galicia

Programa Máis social Galicia

Centinelas foi unha das entidades seleccionadas para participar no programa Máis social Galicia que a Fundación Barrié convoca para este ano. Supón unha gran oportunidade de aprendizaxe para nós, así que esperamos traballar moito e aproveitala ao máximo.