O noso manifesto polo Día Internacional da Muller

O noso manifesto polo Día Internacional da Muller

A Asociación Centinelas naceu para traballar pola dignidade da muller, de toda muller calquera que sexa a súa ideoloxía, crenza ou nacionalidade. Pero dun xeito máis concreto, aquelas mulleres que son nais e que se atopan en risco de exclusión social, que é o mesmo que dicir que teñen moi difícil acceder ás posibilidades que ofrece a nosa sociedade.

Como asociación apoiamos calquera iniciativa que reivindique a igualdade entre homes e mulleres. Desexamos que a xornada do 8 de marzo serva para dar pasos efectivos neste camiño. Agardamos tamén que esta xornada non quede nun mero exercizo teórico e que serva para que se tomen medidas reais que favorezan o empoderamento das mulleres e a súa igualdade salarial e laboral.

É necesario que as institucións públicas, partidos políticos, empresas e sindicatos se comprometan a ser parte do cambio das actuais estructuras que perpetúan a desigualdade de xénero. E a nivel individual, atrevémonos a pedir que todos os que saiamos hoxe á rúa, os que sentimos a necesidade de rematar con esta inxustiza, traballemos activamente para promocionar a aquelas mulleres que teñen o camiño máis difícil, xa sexa por falta de formación, de recursos económicos ou de apoio social ou familiar.

Ogallá que esta xornada non serva para acalar conciencias senón para despertalas. Nós, pola nosa parte, seguiremos traballando e reivindicando co noso labor, a dignidade e a igualdade de todas as mulleres, sen ningún tipo de discriminación.


Related Posts

A forza do grupo

A forza do grupo

No programa Competencias para a igualdade 2018, executado con cargo á solicitude dos Programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes da Deputación da Coruña, valoramos en gran medida as posibilidades que ofrece a terapia grupal para compartir historias de vida e xerar sinerxias […]

Competencias para a igualdade

Competencias para a igualdade

O proxecto COMPETENCIAS PARA A IGUALDADE divídese en dous bloques de intervención complementarios entre si, que teñen como obxectivo principal potenciar o empoderamento das nosas usuarias e restaurar a súa dignidade e autoconcepto. Bloque I: Atencións individualizadas en prol da igualdade de xénero. As atencións […]