Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Varias usuarias que están a participar nos itinerarios personalizados de inclusión social, subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo, realizaron prácticas formativas non laborais coa finalidade de acadar competencias profesionais nunha contorna real de traballo, e aumentar así as súas posibilidades insertarse laboralmente.
Con motivo da realización destas prácticas, programamos unhas sesións formativas que tiveron como finalidadade ofrecerlles unhas pautas básicas do traballo específico a desenvolver, así como asesoramento relacionado con hábitos e habilidades laborais transversais.
Somos conscientes de que deron o mellor de si nesta experiencia, e agardamos que pronto se vexan os seus froitos.


Related Posts

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

A formación de preparación para as probas da Nacionalidade española e integración social (Financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo) chega ao seu fin. As alumnas remataron esta marabillosa experiencia de aprendizaxe e acompañamento. Estamos moi satisfeitas cos logros alcanzados e sobre […]

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeunos un novo Programa de Cooperación, que fai posible que contemos cunha persoa encargada de xestionar o Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS. A xestión do Banco ten como finalidade cubrir as necesidades máis […]