COMPETENCIAS PARA A IGUALDADE II
Un ano máis imos continuar traballando no proxecto ”COMPETENCIAS PARA A IGUALDADE”, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña con cargo á convocatoria para desenvolver programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero.
Dende febreiro e ata o mes de setembro levaremos a cabo as seguintes actuacións:
BLOQUE I: Atencións individualizadas, que versarán sobre as seguintes temáticas:
- Autoconcepto e autoestima
- A importancia do vínculo materno-filial
- Pautas e habilidades básicas para a maternidade en situación de vulnerabilidade social
- Ferramentas de autonomía e busca da propia identidade dentro da parella
- Pautas e ferramentas para a protección ante as desigualdades de xénero culturais e sociais
- Ferramentas, apoio e acompañamento ante as situacións de supremacía e violencia machista no seno familiar
BLOQUE II: Accións formativas grupais:
- Acción formativa: Mudando roles
Mudando os roles de xénero
Conceptos básicos de economía
Mantemento eléctrico e aforro enerxético
Mantemento de fontanería e gas
- Acción formativa: Sensibilización cara a igualdade de xénero e a maternidade inclusiva
Significan o mesmo sexo e xénero?
Os roles de xénero. Os cambios de rol na muller e o seu impacto na estrutura familiar
Traballo produtivo e traballo reprodutivo
A función social a maternidade
Pautas educativas para unha maternidade inclusiva
Concepto de conciliación e corresponsabilidade familiar
A violencia de xénero
BLOQUE III: Banco de recursos
You must be logged in to post a comment.