Proxecto 100% Muller II

Proxecto 100% Muller II

Dende a Asociación CentineELAS estamos a desenvolver o programa “100% MULLER II”, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O programa, que estará activo ata o mes de setembro, diríxese a mulleres en situación de especial vulnerabilidade con crianzas de 0 a 3 anos, e contempla a prestación dos seguintes servizos:

– Servizo de atención social e información sobre recursos.

– Servizo de mediación familiar.

– Servizo de atención psicolóxica.

– Servizos de orientación laboral e acompañamento na busca de emprego.

A maiores das atencións individualizadas executaranse dous obradoiros complementarios:

  • “Bico de nai” que ten como finalidade potenciar o vínculo nai-crianza.
  • “Pre-Párate” programa de hábitos e habilidades prelaborais.

Para máis información, podes poñerte en contacto co persoal técnico da Asociación.


Related Posts

A forza do grupo

A forza do grupo

No programa Competencias para a igualdade 2018, executado con cargo á solicitude dos Programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes da Deputación da Coruña, valoramos en gran medida as posibilidades que ofrece a terapia grupal para compartir historias de vida e xerar sinerxias […]

A IV carreira solidaria organizada por Campus na Nube e Run-4Med, foi unha festa!!

A IV carreira solidaria organizada por Campus na Nube e Run-4Med, foi unha festa!!

Percorreu a alameda e rematou nas pistas de atletismo da Universidade con case 400 participantes. A organización foi moi boa, os voluntarios e voluntarias de 6º de medicina animadísimos, e a choiva, finalmente, respectou a entrega de trofeos. Noraboa aos organizadores e moitas grazas por […]