Proxecto: «Nais con ilusión». Contra a exclusión, poñamos ilusión

Proxecto: «Nais con ilusión». Contra a exclusión, poñamos ilusión

A través do traballo que se desenvolve na Asociación Centinelas detéctanse numerosas carencias e necesidades que afectan específicamente a familias compostas por mulleres xestantes ou con menores en idade escolar. Estas desigualdades contribúen a que estas familias se atopen en situación ou risco de exclusión social e que a súa descendencia sexa vítima da mesma condición.

A través do traballo diario con nais que se atopan nesta situación observamos numerosas  carencias e dificultades presentes na maioría delas:

– Autoconcepto negativo e baixa autoestima.
– Indefensión aprendida e consecuente falta de asertividad.
– Desatención do seu autocuidado e necesidades persoais en beneficio dos demais.
– Temor a ser xulgadas mesmo por quen son fontes de axuda.
– Dificultades para equilibrar responsabilidades e tempo propio ou de descanso.
– Renuncia a metas persoais polas súas situacións adversas.
– Sobrecarga de obrigas con escasos ou nulos soportes ou recoñecementos sociais.

O feito de que invistan a maioría do seu tempo na procura de recursos básicos, de que sexan as responsables da educación das súas crianzas, e de que prioricen o coidado e atención dos menores por enriba de todas as cousas, explica que o seu propio benestar quede relegado a un último plano.

A feminización da pobreza imperante na nosa sociedade trae consigo numerosos retos que é preciso abordar. Os grandes cambios comezan por pequenos pasos, e en Centinelas consideramos que unha das principais tarefas é preservar nestas mulleres a dignidade á que todo ser humano ten dereito. Así mesmo, somos conscientes de que os cambios comezan nunha mesma, por iso é moi importante axudalas para que non perdan a esperanza, a ilusión e poidan proxectar un futuro mellor.

Aproveitando as festas do Nadal, época de maxia e ilusión, queremos que as nosas nais tamén recuperen a ilusión e sintan que son merecedoras de recibir un presente. Que por un momento, os seus pensamentos se centren nelas mesmas, nas súas propias necesidades, e naquelas cousas que as farían felices.

Ser muller, nai e pobre é sinónimo de desigualdade, vulnerabilidade e exclusión. Fagamos que con esta colaboración ademais de regalar un obsequio, regalemos a estas mulleres a ilusión e o protagonismo que se merecen.


Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

A Asociación CentinELAS foi galardoada nos Premios Solidarios Cenor

A Asociación CentinELAS foi galardoada nos Premios Solidarios Cenor

A Asociación CentinELAS foi galardoada co 2º premio na V convocatoria dos Premios Solidarios Cenor De entre as múltiples propostas que se presentaron á convocatoria, o noso proxecto Rede “Banco de recursos para a infancia” foi o seleccionado para recibir o 2º premio desta convocatoria […]