Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable.

Por primeira vez contamos cun local específico para ofrecer este servizo tan necesario, e dado o volume das doazóns que recibimos faise necesario contar cun equipo de persoas amplo que colabore e estea disposto a compartir parte do seu tempo neste proxecto solidario.

Dada a natureza do traballo que se leva a cabo no Banco de recursos, son moitas as necesidades que se presentan e para as que precisamos que nos boten unha man.

  • Tarefas de bricolaxe para o acondicionamento das instalacións
  • Clasificación, revisión e ordenación dos produtos
  • Eliminación e traslado de residuos
  • Acondicionado dos produtos e limpeza do local
  • Carga e descarga de produtos.

Todas estas actividades levaranse a cabo baixo a supervisión do persoal responsable do voluntariado da Asociación, así como da persoa responsable da súa xestión, cuxo servizo está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no seo dos Programas de Cooperación.

Se che apetece formar parte dun proxecto solidario como este e compartir o teu tempo connosco, estaremos encantadas de contar coa túa colaboración.

Para calquera outra información que se precise achegamos os nosos datos de contacto:

Banco de Recursos para a Infancia

Rúa Sánchez Freire baixo, nº 27-31 – 15706 Santiago de Compostela

604 037 288

bancoderecursos@asociacioncentinelas.es

Moitas grazas!


Related Posts

CAMPAÑA DE SENSIBILIACIÓN “BOTANDO UNHA MAN”

CAMPAÑA DE SENSIBILIACIÓN “BOTANDO UNHA MAN”

As grandes cousas conséguense a partir de pequenos xestos. Botar unha man colaborando por unha causa xusta, apertar con forza a man de quen necesita sentirse reconfortada, dar unha caricia que alimente a nosa necesidade de afecto…Estes actos que moitas veces pasan desapercibidos son os […]

Iniciativa solidaria a favor da nosa asociación dos estudante da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Iniciativa solidaria a favor da nosa asociación dos estudante da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Onte, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, celebrouse un acto co gallo da festividade do seu patrón, san Vicente Ferrer e no marco do 50 aniversario da creación deste centro educativo. Ademáis de entregar os premios aos alumnos máis sobresaíntes entregáronse tamén […]