Servizo de atención psicopedagóxica – Taller de masaxe infantil

Servizo de atención psicopedagóxica – Taller de masaxe infantil

Seguimos a traballar no noso Servizo de atención psicopedagóxica financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Esta semana tivemos unha nova sesión na escola de nais, e realizamos un taller de masaxe infantil no que explicamos os múltiples beneficios da masaxe e practicamos coa técnica tradicional india Shantala.
Para as vindeiras semanas temos programados novos talleres sobre os que vos iremos informando!


Related Posts

Programa Máis social Galicia

Programa Máis social Galicia

Centinelas foi unha das entidades seleccionadas para participar no programa Máis social Galicia que a Fundación Barrié convoca para este ano. Supón unha gran oportunidade de aprendizaxe para nós, así que esperamos traballar moito e aproveitala ao máximo.

A IV carreira solidaria organizada por Campus na Nube e Run-4Med, foi unha festa!!

A IV carreira solidaria organizada por Campus na Nube e Run-4Med, foi unha festa!!

Percorreu a alameda e rematou nas pistas de atletismo da Universidade con case 400 participantes. A organización foi moi boa, os voluntarios e voluntarias de 6º de medicina animadísimos, e a choiva, finalmente, respectou a entrega de trofeos. Noraboa aos organizadores e moitas grazas por […]