Onte, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, celebrouse un acto co gallo da festividade do seu patrón, san Vicente Ferrer e no marco do 50 aniversario da creación deste centro educativo. Ademáis de entregar os premios aos alumnos máis sobresaíntes entregáronse tamén os premios Fulget e os do certame de pintura CreArte.
Aproveitouse a ocasión para recoñecer aos estudantes que promoveron unha iniciativa solidaria a favor da nosa asociación e facer entrega dos cartos recadados. A presidente de Centinelas dixo unhas palabras de agradecemento e lembrou a importancia de acompañar ás mulleres e nais que están en grave risco de exclusión social, dun xeito cercano e personalizado. Tamén insistiu na necesidade de potenciar a formación como ferramenta de empoderamento.