Etiqueta: igualdade

A forza do grupo

A forza do grupo

No programa Competencias para a igualdade 2018, executado con cargo á solicitude dos Programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes da Deputación da Coruña, valoramos en gran medida as posibilidades que ofrece a terapia grupal para compartir historias de vida e xerar sinerxias […]

O noso manifesto polo Día Internacional da Muller

O noso manifesto polo Día Internacional da Muller

A Asociación Centinelas naceu para traballar pola dignidade da muller, de toda muller calquera que sexa a súa ideoloxía, crenza ou nacionalidade. Pero dun xeito máis concreto, aquelas mulleres que son nais e que se atopan en risco de exclusión social, que é o mesmo […]

En que podemos axudarche? Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

En que podemos axudarche? Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral (subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo)

Na Asociación CentinELAS continuamos traballando no desenvolvemento de itinerarios de inclusión sociolaboral dirixidos a mulleres inmigrantes e/ou pertencentes a minorías étnicas en situación ou risco de exclusión social.

Os itinerarios, que están configurados para adaptarse ás características persoais, culturais, sociais e laborais de cada unha das participantes, inclúen as seguintes actuacións singularizadas:

    • Atención social, asesoramento e información sobre recursos especializados no eido sociolaboral.
    • Atención psicolóxica profesionalizada.
    • Asesoramento sobre os requisitos para solicitar a nacionalidade española.
    • Información sobre as probas conducentes á obtención da nacionalidade española (probas DELE E CCSE).
    • Mediación intercultural orientada cara a igualdade de xénero (o choque cultural dende a perspectiva de xénero, prexuízos e estereotipos de xénero nas distintas sociedades, igualdade e corresponsabilidade na parella…).
    • Orientación laboral.
    • Posibilidade de realizar prácticas formativas non laborais en empresas da contorna referentes no seu sector.
    • Incorporación á bolsa de emprego da Asociación.
    • Participación en actividades grupais que fomenten o establecemento de redes sociais de apoio entre mulleres que comparten realidades comúns

Se precisas apoio e asesoramento nalgunha destas cuestións, dende CentinELAS podemos axudarche.

Actuacións de inclusión social

Actuacións de inclusión social

Na Asociación CentinELAS continuamos a desenvolver actuacións con cargo á convocatoria de inclusión social de Galicia para os anos 2017 e 2018, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e que teñen como obxectivo temático Promover a igualdade, a saúde e […]

Clausura do Programa 100% Muller II

Clausura do Programa 100% Muller II

Xa pasaron oito meses dende que deu inicio o programa 100% Muller II, e toca concluír esta nova edición do programa. Durante todo este tempo preto de 50 mulleres con crianzas de 0 a 3 anos de Santiago, Ames e Padrón participaron nalgún dos servizos […]