Etiqueta: Inclusión Social

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

Remate da formación de preparación para as probas na Nacionalidade española e integración social

A formación de preparación para as probas da Nacionalidade española e integración social (Financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo) chega ao seu fin. As alumnas remataron esta marabillosa experiencia de aprendizaxe e acompañamento. Estamos moi satisfeitas cos logros alcanzados e sobre […]

Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Prácticas formativas nos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Varias usuarias que están a participar nos itinerarios personalizados de inclusión social, subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo, realizaron prácticas formativas non laborais coa finalidade de acadar competencias profesionais nunha contorna real de traballo, e aumentar así as súas posibilidades […]

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeunos un novo Programa de Cooperación, que fai posible que contemos cunha persoa encargada de xestionar o Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS. A xestión do Banco ten como finalidade cubrir as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que se fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable.

Este programa de cooperación está configurado para actuar nunha dobre vertente. Por unha banda, xestionando unha rede de apoio que fomente o colaboracionismo entre familias que carecen de rede social de apoio e se atopan en situación de vulnerabilidade. Por outro lado, xestionando un banco de recursos que permita dotar a estas familias de recursos básicos para o coidado e atención das fillas e fillos menores, aos que non teñen acceso pola situación de vulnerabilidade que padecen.

Na actualidade, das preto de duascentas cincuenta mulleres que temos rexistradas na nosa base de datos, en torno ao 75% das mesmas fixeron uso algunha vez do Banco de recursos, polo que este se presenta como un servizo altamente demandado e moi valorado entre as usuarias da Asociación.

Para máis información achegamos os nosos datos de contacto:

Banco de Recursos para a Infancia

Rúa Sánchez Freire baixo, nº 27-31 – 15706 Santiago de Compostela

604 037 288

bancoderecursos@asociacioncentinelas.es

Colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

Colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

CentinELAS foi unha das entidades seleccionadas para que o alumnado da facultade de óptica e Optometría realizase un proxecto de Aprendizaxe e Servizo que ten como beneficiarios aos nenos e nenas da nosa Asociación. O proxecto consiste na realización dunha avaliación visual completa, moi necesaria […]

En que podemos axudarche? Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

En que podemos axudarche? Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral

Itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral (subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Social Europeo) Na Asociación CentinELAS continuamos traballando no desenvolvemento de itinerarios de inclusión sociolaboral dirixidos a mulleres inmigrantes e/ou pertencentes a minorías étnicas en situación ou risco de exclusión social. Os […]