Workshop Responsabilidade Social

Workshop Responsabilidade Social

Queremos agradercelle á Vicerreitoria de Estudantes, Cultura e Responsabilidade social a súa invitacion ao Workshop Responsabilidade Social: Aprendizaxe-servizo, Traballo en rede, Innovación Educativa, que se celebrou onte na Facultade de Filosofía.

Como entidade colaboradora coa Universidade de Santiago de Compostela en programas de voluntariado, participamos en actividades solidarias como a iniciativa «Nais con ilusión», acollemos a alumnado universitario, e contamos coa presenza de persoal docente que de maneira voluntaria impartiu módulos nalgunhas das accións formativas que executamos na Asociación.
Esta xornada, baseada na novidosa metodoloxía da Aprendizaxe-servizo, resultou moi interesante e seguro abrirá novas vías de colaboración entre as universidades e o tecido social.