Na Asociación CentinELAS continuamos a desenvolver actuacións con cargo á convocatoria de inclusión social de Galicia para os anos 2017 e 2018, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e que teñen como obxectivo temático Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.
En abril demos continuidade aos itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral nos que se atenderán a un total de 50 usuarias que se atopan en situación ou risco de exclusión social. No mes de outubro iniciamos o curso Formación preparatoria probas da nacionalidade española, e en febreiro dará comezo a execución do curso Formación preparatoria para a obtención das competencias clave de nivel 3.
Como non podía ser doutro xeito, todas as actuacións contan co apoio dun servizo de conciliación familiar que permite que as mulleres poidan participar na formación e nos itinerarios sen ningún tipo de condicionante.
Tódalas actuacións están dirixidas ao colectivo de mulleres inmigrantes.
You must be logged in to post a comment.