Inclusión social

Inclusión social

Actuacións de inclusión social subvencionadas pola Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo

Unha vez máis na Asociación CentinELAS estamos a desenvolver actuacións con cargo á convocatoria de inclusión social de Galicia para os anos 2016 e 2017, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e que teñen como obxectivo temático Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

En xuño deron comezo os itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral no que se atenderán ao redor de corenta mulleres, e no mes de outubro iniciáronse dúas accións formativas dirixidas tamén ao colectivo de mulleres inmigrantes: Formación preparatoria dirixida á obtención da nacionalidade española e Formación preparatoria para a obtención das competencias clave de nivel 2.

Como non podía ser doutro xeito, todas as actuacións contan co apoio dun servizo de conciliación familiar que permite que as mulleres poidan participar na formación e nos itinerarios sen ningún tipo de condicionante.

 


Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

Programa Máis social Galicia

Programa Máis social Galicia

Centinelas foi unha das entidades seleccionadas para participar no programa Máis social Galicia que a Fundación Barrié convoca para este ano. Supón unha gran oportunidade de aprendizaxe para nós, así que esperamos traballar moito e aproveitala ao máximo.