Temos unha proposta: compartimos solidariedade?
O próximo día 27 de maio celebraremos un mercadiño solidario co obxetivo de recadar fondos que nos axuden a continuar co noso labor a prol das nais. Ao tempo é un xeito de aproveitar os bens que temos a sorte de disfrutar: libros, prendas de roupa, complementos, bisutería, e calquera cousa que se vos ocurra, e darlles unha nova vida que, a súa vez, facilitaralle a vida a outras persoas.
Tamén hai quen fai cousas fermosas coas súas mans e transforma en xenerosidade esas habilidades.
Estades convidados a pasar un día de festa solidaria o sábado 27 de maio no claustro do Hotel San Francisco.
You must be logged in to post a comment.