CAMPAÑA DE SENSIBILIACIÓN “BOTANDO UNHA MAN”

CAMPAÑA DE SENSIBILIACIÓN “BOTANDO UNHA MAN”

Campaña A Tua Man fai falta

As grandes cousas conséguense a partir de pequenos xestos. Botar unha man colaborando por unha causa xusta, apertar con forza a man de quen necesita sentirse reconfortada, dar unha caricia que alimente a nosa necesidade de afecto…Estes actos que moitas veces pasan desapercibidos son os que en CentinELAS valoramos en maior medida. Sobre todo porque se fan dende o voluntarismo e o altruísmo, e se dan sen esperar recibir algo a cambio.

Con este cartel queremos animarte a que se ti tamén compartes estes sentimentos, nos botes unha man. Queremos agradecer a quen ao longo destes anos colaborastes connosco. E como non podía ser doutro xeito, queremos que sirva tamén para que quen precise axuda saiba que as nosas mans e as de todas as persoas que participan como voluntarias na nosa entidade estarán sempre dispostas a ofrecer o apoio necesario.

É por iso que A TÚA MAN FAI FALTA

Campaña de sensibilización subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.