Clausura do Programa 100% Muller II

Clausura do Programa 100% Muller II

Xa pasaron oito meses dende que deu inicio o programa 100% Muller II, e toca concluír esta nova edición do programa. Durante todo este tempo preto de 50 mulleres con crianzas de 0 a 3 anos de Santiago, Ames e Padrón participaron nalgún dos servizos que integra o programa, na procura de mellorar a súa situación.

O nome do programa, “100% Muller”, representa para nós a necesidade de reivindicar ao máximo o valor das mulleres. Mulleres que sofren numerosas desigualdades polo feito de ser muller, nai e con escasos recursos, e que se ven obrigadas a superar unha morea de obstáculos para sacar ás súas familias adiante. 100% significa, pois, todo o valor e empeño que poñen en avanzar a pesar das adversidades, levando ás súas costas a responsabilidade dunha crianza, que en moitos casos se fai en solitario ou de maneira non corresponsable.

Unha das principais finalidades de CentinELAS e deste programa é realizar un acompañamento profesionalizado e sensible coa etapa vital da maternidade que ofreza a estas mulleres os recursos necesarios para mellorar a súa situación persoal, social e laboral e a das súas familias, así como crear unha rede de apoio que supla as carencias que padecen. É por isto, que 100% Muller simboliza, tamén, a necesidade de que todas as mulleres nos unamos para xuntas poder reivindicar os nosos dereitos.

Programa Subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo


Related Posts

Programa Máis social Galicia

Programa Máis social Galicia

Centinelas foi unha das entidades seleccionadas para participar no programa Máis social Galicia que a Fundación Barrié convoca para este ano. Supón unha gran oportunidade de aprendizaxe para nós, así que esperamos traballar moito e aproveitala ao máximo.

A forza do grupo

A forza do grupo

No programa Competencias para a igualdade 2018, executado con cargo á solicitude dos Programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes da Deputación da Coruña, valoramos en gran medida as posibilidades que ofrece a terapia grupal para compartir historias de vida e xerar sinerxias […]