Taller de emocións «Construíndo pontes»

Taller de emocións «Construíndo pontes»

Servizo de atención psicolóxica. Programa 100% Muller II subvencionado pola Secretaria Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Cómo podemos relacionarnos coas persoas que queremos construíndo pontes e non muros?

Cómo ter o control das nosas emocións e non que as emocións nos controlen a nós?

Esta actuación grupal nace como resposta ás necesidades expresadas polas mulleres que asisten ás diferentes sesións do Servizo de atención psicolóxica do programa, en tanto que as emocións teñen unha gran repercusión nos nosos pensamentos e condutas, e afectan ao noso benestar físico e psíquico.

O obxectivo do taller é, pois, o de coñecer mellor as nosas emocións e acadar ferramentas que nos faciliten o seu manexo, sobre todo no tocante ás relacións familiares e á valorización delas mesmas.