Banco de alimentos

Banco de alimentos
Convenio de colaboración co Banco de alimentos

Este ano na Asociación CentinELAS firmamos un convenio de colaboración co Banco de alimentos que nos permite poder  axudar con lotes de alimentación infantil ás usuarias que participan nos distintos proxectos da Asociación.

Sabemos que as nosas mulleres pasan boa parte do seu tempo eforzándose en buscar recursos para satisfacer as necesidades básicas da súa familia.

Participar en proxectos formativos e de mellora da súa situación social e laboral implica dispoñer de menos tempo para poder acceder a eles, por iso un dos noso obxectivos tamén é o de satisfacer as súas necesidades máis básicas como forma de asegurar que poidan seguir desenvolvéndose sen ningún condicionante.


Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

Programa Máis social Galicia

Programa Máis social Galicia

Centinelas foi unha das entidades seleccionadas para participar no programa Máis social Galicia que a Fundación Barrié convoca para este ano. Supón unha gran oportunidade de aprendizaxe para nós, así que esperamos traballar moito e aproveitala ao máximo.