Día de talento e solidariedade

Día de talento e solidariedade
O xoves 1 de marzo celebrouse o Concurso de talentos solidarios organizado polo CIFP Compostela. A organización do concurso seleccionou á nosa Asociación xunto a outras dúas entidades como posibles beneficiarias de todo o recadado nesta actividade  solidaria. O acto consistiu na actuación dun elevado número de talentos, así como na presentación e difusión do traballo que as entidades seleccionadas levamos a cabo.
Para a nosa sorpresa, CentinELAS foi a entidade elixida para recibir este talentoso premio e non podemos estar máis felices!
Querémoslle dar as grazas á organización desta iniciativa solidaria,  a todo o público alí presente e á excelente parella de gañadores Edu e Pedro Alonso por pensar en nós. Tamén queremos darlle os nosos parabéns á Escola Camilo José Cela e á Asociación Integral de Rescate en Emergencias polo importante labor que desenvolven. Foi un orgullo compartir cartel convosco.

Related Posts

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

Queres facer voluntariado no Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS?

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable. Por primeira vez contamos cun local específico para […]

Iniciativa solidaria a favor da nosa asociación dos estudante da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Iniciativa solidaria a favor da nosa asociación dos estudante da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Onte, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, celebrouse un acto co gallo da festividade do seu patrón, san Vicente Ferrer e no marco do 50 aniversario da creación deste centro educativo. Ademáis de entregar os premios aos alumnos máis sobresaíntes entregáronse tamén […]