Programa Coopera – Atención psicopedagóxica para a inclusión infantil

Programa Coopera – Atención psicopedagóxica para a inclusión infantil

Un dos retos de CentinELAS sempre foi o de poder traballar directamente coas fillas e fillos das nosas usuarias, máis alá das actividades de conciliación familiar. Grazas aos programas de cooperación financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria imos poder ofrecer ao longo de todo o ano 2017 un servizo de atención psicopedagóxica para a inclusión infantil. Neste servizo traballarase a atención temperá, o reforzo socioeducativo e realizaranse actividades de mediación familiar na procura de acadar o desenvolvemento psicosocial das nosas nenas e nenos.


Related Posts

Programa Máis social Galicia

Programa Máis social Galicia

Centinelas foi unha das entidades seleccionadas para participar no programa Máis social Galicia que a Fundación Barrié convoca para este ano. Supón unha gran oportunidade de aprendizaxe para nós, así que esperamos traballar moito e aproveitala ao máximo.

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Programa de Cooperación: Servizo de Xestión Banco de Recursos para a infancia

Este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeunos un novo Programa de Cooperación, que fai posible que contemos cunha persoa encargada de xestionar o Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS. A xestión do Banco ten como finalidade cubrir as necesidades máis […]