Este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeunos un novo Programa de Cooperación, que fai posible que contemos cunha persoa encargada de xestionar o Banco de Recursos para a Infancia de CentinELAS. A xestión do Banco ten como finalidade cubrir as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que se fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable.
Este programa de cooperación está configurado para actuar nunha dobre vertente. Por unha banda, xestionando unha rede de apoio que fomente o colaboracionismo entre familias que carecen de rede social de apoio e se atopan en situación de vulnerabilidade. Por outro lado, xestionando un banco de recursos que permita dotar a estas familias de recursos básicos para o coidado e atención das fillas e fillos menores, aos que non teñen acceso pola situación de vulnerabilidade que padecen.
Na actualidade, das preto de duascentas cincuenta mulleres que temos rexistradas na nosa base de datos, en torno ao 75% das mesmas fixeron uso algunha vez do Banco de recursos, polo que este se presenta como un servizo altamente demandado e moi valorado entre as usuarias da Asociación.
Para máis información achegamos os nosos datos de contacto:
Banco de Recursos para a Infancia
Rúa Sánchez Freire baixo, nº 27-31 – 15706 Santiago de Compostela
604 037 288
bancoderecursos@asociacioncentinelas.es
You must be logged in to post a comment.