O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable.
Por primeira vez contamos cun local específico para ofrecer este servizo tan necesario, e dado o volume das doazóns que recibimos faise necesario contar cun equipo de persoas amplo que colabore e estea disposto a compartir parte do seu tempo neste proxecto solidario.
Dada a natureza do traballo que se leva a cabo no Banco de recursos, son moitas as necesidades que se presentan e para as que precisamos que nos boten unha man.
- Tarefas de bricolaxe para o acondicionamento das instalacións
- Clasificación, revisión e ordenación dos produtos
- Eliminación e traslado de residuos
- Acondicionado dos produtos e limpeza do local
- Carga e descarga de produtos.
Todas estas actividades levaranse a cabo baixo a supervisión do persoal responsable do voluntariado da Asociación, así como da persoa responsable da súa xestión, cuxo servizo está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no seo dos Programas de Cooperación.
Se che apetece formar parte dun proxecto solidario como este e compartir o teu tempo connosco, estaremos encantadas de contar coa túa colaboración.
Para calquera outra información que se precise achegamos os nosos datos de contacto:
Banco de Recursos para a Infancia
Rúa Sánchez Freire baixo, nº 27-31 – 15706 Santiago de Compostela
604 037 288
bancoderecursos@asociacioncentinelas.es
Moitas grazas!
You must be logged in to post a comment.