Xuventude, infancia e futuro 2024

Xuventude, infancia e futuro 2024

Desde o mes de febreiro 2024 estamos a desenvolver novamente o programa de voluntariado xuvenil «Xuventude, infancia e futuro 2024» (Subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude)

Durante nove meses traballaremos intensamente con mozos e mozas voluntarios que achegan o seu compromiso e enerxía nas actividades que realiza Centinelas no servizo de Conciliación e no Banco de Recursos para a Infancia.