CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN “A SOLIDARIDADE TEN MOITAS CARAS”

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN “A SOLIDARIDADE TEN MOITAS CARAS”

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN “A SOLIDARIDADE TEN MOITAS CARAS”

Baixo o lema “A solidaridade ten moitas caras” arranca o noso segundo cartel de sensibilización da acción voluntaria. Esta campaña, que ten como finalidade sensibilizar á poboación galega sobre o valor engadido que aporta o persoal voluntario nas entidades de iniciativa social, pretende darlle o protagonismo a todas esas persoas que dende o anonimato, dedican parte do seu tempo, traballo, recursos e entusiasmo a axudar a quen máis o precisa.


Agardamos que todas estas caras, que tamén poden ser a túa, vos transmitan a forza, o orgullo e o agradecemento que nos fan sentir a nós.


É por isto que vos pedimos que lle deades a máxima difusión a esta campaña e visibilizar así que A SOLIDARIEDADE PODE TER MOITAS CARAS, e que A TÚA TAMÉN PODE SER UNHA DELAS.
(Campaña de sensibilización subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia)