Pasaron xa uns días e aínda temos o bo sabor de boca que nos deixou a V Gala Solidaria da escola Mandala Espacio De Entrenamiento Multidisciplinar
Quedamos impresionadas co nivel das alumnas, coa profesionalidade da posta en escena, coa implicación das familias e cun equipo de profesorado que non so se preocupa da calidade técnica, senón que pon a danza ao servizo da transformación da persoa e colabora con institucións que melloran a nosa sociedade.
Agradecidas pola vosa achega a Centinelas, para que tantas familias poidan ter o apoio que precisan e seguir loitando pola súa dignidade e o seu futuro.
Grazas Mandala grazas Bea, grazas a todas por este regalo, mil grazas por sembrar esperanza!
Seguimos!