Programa 100% muller 2019.

Programa 100% muller 2019.

Na Asociación CentineELAS estamos a desenvolver o programa 100% Muller 2019, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O programa, que estará activo ata o mes de setembro, diríxese a mulleres en situación de especial vulnerabilidade con crianzas de 0 a 3 anos, e contempla a prestación dos seguintes servizos:

Servizo de atención social e información sobre recursos. 
Servizo de mediación familiar.
Servizo de atención psicolóxica.
Servizo de asesoría xurídica.
Servizos de orientación laboral e acompañamento na busca de emprego.
Servizo de dinamización laboral a través do traballo corporal e a expresión escénica.

A maiores das atencións individualizadas executaranse dous obradoiros complementarios:

“Bico de nai” que ten como finalidade potenciar o vínculo nai-crianza» e ”Emprégate” programa de hábitos e habilidades prelaborais.

Ademais das actuacións na cidade de Santiago, o persoal técnico do proxecto poderá desprazarase a concellos limítrofes que teñan usuarias que se inclúan neste colectivo, e que estean interesadas en participar.

 

Para calquera outra información, os nosos datos de contacto son:

Asociación Centinelas

Tfno.: 658 265 764 – 881 259 901

informacion@asociacioncentinelas.es