Blog

Consolidación do movemento asociativo das mulleres 2023.

Consolidación do movemento asociativo das mulleres 2023.

Un ano máis, na asociación Centinelas estamos a participar na liña 1 do programa de axudas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres financiado pola Xunta de Galicia (Orde do 22 de xuño de 2023 da Secretaría Xeral da Igualdade. Procedemento SI437A) Cremos […]

Coidados Centinelas. Peche do servizo 2022.

Coidados Centinelas. Peche do servizo 2022.

Estes días estamos a pechar o servizo de Conciliación familiar /Bolsa de coidados do ano 2022. Grazas ás familias que confiaron en nós na atención dos seus pequenos. É marabilloso ser testemuñas do paso do tempo neses nenos e nenas e colaborar, dunha pequena maneira […]

Servizo de Apoio á Incusión Sociolaboral 2022.

Servizo de Apoio á Incusión Sociolaboral 2022.

Os itinerarios do Servizo de apoio á inclusión sociolaboral forman parte dun Programa subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e enmarcado no obxectivo estratéxico REACT-UE-2. «Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social».

Os itinerarios son unha ferramenta que nos permite analizar de forma individual a situación sociolaboral de cada muller coa que traballamos en CentinELAS. 
A través deste proxecto facemos un traballo conxunto con cada persoa, marcando uns obxectivos realistas e realizando un labor de acompañamento no seu proceso de desenvolvemento persoal e de transición cara o emprego. 
Levamos xa tempo de traballo a través destes itinerarios e son moitos os pequenos e grandes avances que vemos cada día dende a Asociación. 
Se cres que podemos axudarte, non dubides en chamar ao 658 26 57 64 para concertar unha cita connosco (L-V de 10:00 – 14:00)

#ReactUEGalicia

Faite voluntaria. Faite voluntario.

Faite voluntaria. Faite voluntario.

Como parte do programa «Solidarízate 2022» (subvencionado parcialmente pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) o equipo de voluntariado traballou no deseño, montaxe e difusión dun video sobre a importancia do voluntariado en […]

Consolidación do movemento asociativo das mulleres 2022.

Consolidación do movemento asociativo das mulleres 2022.

Novamente, na asociación Centinelas estamos a participar na liña 1 do programa de axudas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres financiado pola Xunta de Galicia (Orde do 21 de abril de 2022 da Secretaría Xeral da Igualdade. Procedemento SI437A) Cremos que as […]