Mes: diciembre 2017

Dale al play de la ilusión

Dale al play de la ilusión

Baixo o lema «Dale al play de la ilusión» presentámonos ao concurso Aesclick coa finalidade de conseguir playmobiles para as nenas e nenos que durante este ano participaron no Servizo de atención psicopedagóxica da Asociación. Para a nosa alegría, Aesclick acaba de comunicarnos que nos […]

«Nais con Ilusión» en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

«Nais con Ilusión» en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela está colaborando coa Asociación CentinElas no proxecto «Nais con ilusión», no que persoal laboral e docente da Universidade apadriña ou amadriña a unha das nosas nais, procurando que este Nadal elas tamén reciban un agasallo. Trátase de que as […]

A Asociación CentinELAS foi galardoada nos Premios Solidarios Cenor

A Asociación CentinELAS foi galardoada nos Premios Solidarios Cenor

A Asociación CentinELAS foi galardoada co 2º premio na V convocatoria dos Premios Solidarios Cenor

De entre as múltiples propostas que se presentaron á convocatoria, o noso proxecto Rede “Banco de recursos para a infancia” foi o seleccionado para recibir o 2º premio desta convocatoria 2017.

O proxecto Rede constitúe unha das insignias da Asociación, en tanto que representa por excelencia o valor da solidariedade. A Rede de Apoio ás Nais, formada por persoas e entidades colaboradoras, é unha boa mostra da solidariedade cidadá, e a que amosan as nosas nais cando comparten o pouco que teñen, constitúe tamén un verdadeiro exemplo.

Moitas grazas a Cenor Electrodomésticos por apostar polo noso traballo e concedernos este premio solidario.

Colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

Colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

CentinELAS foi unha das entidades seleccionadas para que o alumnado da facultade de óptica e Optometría realizase un proxecto de Aprendizaxe e Servizo que ten como beneficiarios aos nenos e nenas da nosa Asociación. O proxecto consiste na realización dunha avaliación visual completa, moi necesaria […]

Centinelas no Concierto: «Compostela solidaria»

Centinelas no Concierto: «Compostela solidaria»

Compostela Solidaria organiza un ano máis un concerto solidario. Unha forma de xuntar a música coa vontade dos composteláns de loitar contra a desigualdade. Sabemos que isto non resolve as situacións de exclusión social, que só un traballo moi profesional dos servicios sociais, a responsabilidade […]