Mes: febrero 2017

Taller de porteo

Taller de porteo

Hoxe no servizo de atención psicopedagóxica de CentinELAS contamos coa excelente colaboración de Merce, de Colo de trapo, que nos explicou as vantaxes do porteo e os distintos tipos e técnicas que existen. As nosas mamás estiveron encantadas e nós felices de ofrecerlles alternativas beneficiosas […]

Banco de alimentos

Banco de alimentos

Convenio de colaboración co Banco de alimentos Este ano na Asociación CentinELAS firmamos un convenio de colaboración co Banco de alimentos que nos permite poder  axudar con lotes de alimentación infantil ás usuarias que participan nos distintos proxectos da Asociación. Sabemos que as nosas mulleres […]

Inclusión social

Inclusión social

Actuacións de inclusión social subvencionadas pola Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo

Unha vez máis na Asociación CentinELAS estamos a desenvolver actuacións con cargo á convocatoria de inclusión social de Galicia para os anos 2016 e 2017, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e que teñen como obxectivo temático Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

En xuño deron comezo os itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral no que se atenderán ao redor de corenta mulleres, e no mes de outubro iniciáronse dúas accións formativas dirixidas tamén ao colectivo de mulleres inmigrantes: Formación preparatoria dirixida á obtención da nacionalidade española e Formación preparatoria para a obtención das competencias clave de nivel 2.

Como non podía ser doutro xeito, todas as actuacións contan co apoio dun servizo de conciliación familiar que permite que as mulleres poidan participar na formación e nos itinerarios sen ningún tipo de condicionante.

 

Clausura do primeiro curso de Empregada de Fogar

Clausura do primeiro curso de Empregada de Fogar

O pasado venres clausuramos o primeiro curso de Empregada de Fogar que organizou a Asociación Centinelas e contamos coa  presenza da nosa superprofe Enma González Barros, e a nosa presidente Ana Robles. Houbo tempo para compartir anécdotas, lembranzas, ilusións, para falar dos empregos que algunhas […]

Convenio de inserción laboral con Axfoga

Convenio de inserción laboral con Axfoga

En CentinELAS  asinamos un convenio de colaboración con Axfoga coa finalidade de promover a inserción laboral das nosas usuarias. Sabemos que cando as nosas mulleres acadan un emprego gran parte das súas dificultades se solucionan, e é por isto que a orientación e intermediación laboral […]