En CentinELAS asinamos un convenio de colaboración con Axfoga coa finalidade de promover a inserción laboral das nosas usuarias.
Sabemos que cando as nosas mulleres acadan un emprego gran parte das súas dificultades se solucionan, e é por isto que a orientación e intermediación laboral son eixes prioritarios no noso traballo. Con colaboracións como esta avanzamos un paso máis na procura de darlles ás nosas usuarias oportunidades para que poidan vivir con toda a dignidade que se merecen.
Dende aquí queremos agradecerlle a Axfoga a súa colaboración, que constitúe un exemplo de responsabilidade social corporativa.
You must be logged in to post a comment.