Agora queda a procura dun traballo que lles faga a vida máis sinxela e o futuro máis tranquilo. Nós estaremos apoiando e proporcionando formación para ampliar, perfecionar e actualizar os seus coñecementos. Mulleres que apoian a mulleres.
Clausura do primeiro curso de Empregada de Fogar

O pasado venres clausuramos o primeiro curso de Empregada de Fogar que organizou a Asociación Centinelas e contamos coa presenza da nosa superprofe Enma González Barros, e a nosa presidente Ana Robles. Houbo tempo para compartir anécdotas, lembranzas, ilusións, para falar dos empregos que algunhas das nosa alumnas xa conseguiron grazas á súa formación, e as expectativas que se abren a partir deste momento. A entrega de diplomas converteuse nunha festa grazas á simpatía e bo humor das alumnas.
You must be logged in to post a comment.