Formación intensiva: camareira de pisos.

Formación intensiva: camareira de pisos.

O próximo mes de xullo, levaremos a cabo unha formación intensiva teórico-práctica de camareira de pisos. Nela participarán algunhas mulleres integradas no Servizo de apoio á inclusión sociolaboral; terán a oportunidade de participar de sesións teóricas complementadas con prácticas en hoteis cos que a Asociación asinou convenios de colaboración.

O Servizo de apoio á Inclusión sociolaboral está subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 «Invierte en tu futuro» e enmarcado no obxectivo temático 9 «Promover la igualdad, la salud y la inclusión social»)