Programa 100% muller 2019. Obradoiros complementarios.

Programa 100% muller 2019. Obradoiros complementarios.

Na Asociación CentineELAS estamos a desenvolver o programa 100% Muller 2019, dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade con crianzas de 0 a 3 anos (subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo) e que estará activo ata o mes de setembro.

Os servizos que se ofertan son: atención social e información sobre recursos, mediación familiar, atención psicolóxica, asesoría xurídica, orientación laboral e dinamización laboral a través do traballo corporal e a expresión escénica.

Ademáis das atencións individualizadas executaranse dous obradoiros complementarios:

“Bico de nai” espazo de reforzo para unha crianza respectuosa.

“Emprégate” Obradoiro para a formación en hábitos e habilidades prelaborais.