Desde o 1 de xullo 2022 continuamos a traballar nunha nova execución dos Itinerarios de Inclusión Sociolaboral, que forman parte do proxecto de Inclusión Social e son cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 (Dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 «Inviste no teu futuro» e enmarcado no obxectivo estratéxico REACT-UE 2. «Promover a igualdade, a saúde e la inclusión social»)
A través destes itinerarios trabállase coas participantes no seu desenvolvemento persoal e laboral, por medio da diagnose, o deseño dun itinerario personalizado, o seguemento do proxecto e o desenvolvemento das capacidades persoais, laborais e sociais, entre outras accións.
Paralelamente realizaranse convocatorias grupais para afondar en contidos de interese para as participantes nos itinerarios.
#ReactUEGalicia
You must be logged in to post a comment.