PROGRAMA 100% MULLER 2018

PROGRAMA 100% MULLER 2018

proxeto 100 muller 2018

O programa “100% Muller 2018”, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo diríxese a mulleres en situación de especial vulnerabilidade con crianzas de 0 a 3 anos, e contempla a prestación dos seguintes servizos:

  • Servizo de atención social e información sobre recursos.
  • Servizo de mediación familiar.
  • Servizo de atención psicolóxica.
  • Servizos de orientación laboral e acompañamento na busca de emprego.

A maiores das atencións individualizadas o programa contempla a realización de dous obradoiros grupais complementarios:

“Bico de nai” que ten como finalidade potenciar o vínculo nai-crianza, e no que se abordarán os seguintes contidos:

  • Fortalecemento do vínculo a través do xogo
  • A xestión dos ciumes entre irmáns
  • Control de esfínteres
  • Alimentación saudable e elaboración de pratos
  • Acceso seguro dos menores ás novas tecnoloxías
  • Fomento da lectura a idades temperás
  • As relacións coa escola

”Obradoiro de transición cara o emprego” no que se abordarán os seguintes módulos:

  • Situación de partida e análise DAFO
  • A transición da maternidade ao emprego
  • A conciliación laboral e familiar
  • Panorama laboral actual
  • Actividades prácticas para a busca de emprego.