Servizo de Inclusión sociolaboral 2021

Servizo de Inclusión sociolaboral 2021

Durante o ano 2021 continuamos a traballar nos Itinerarios de Inclusión Sociolaboral, que forman parte do proxecto de Inclusión Social e son cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (Dentro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 «Invierte en tu futuro» e enmarcado no obxectivo temático 9 «Promover la igualdad, la salud y la inclusión social»)

A través destes itinerarios trabállase coas participantes no seu desenvolvemento persoal e laboral, por medio da diagnose, o deseño dun itinerario personalizado, o seguemento do proxecto e o desenvolvemento das capacidades persoais, laborais e sociais, entre outras accións.

Paralelamente realizaranse convocatorias grupais para afondar en contidos de interese para as participantes nos itinerarios. Ademais, este proxecto é complementario a outros servizos de Inclusión Social impulsados dende a Asociación, como o Servizo de Conciliación, do que poden facer uso as mulleres que o precisen e mentres estean inmersas no seu itinerario.